ACTIVIDADES 15-4-2020

14-5-2020

Ola! Xa estamos a venres. Imos a polo último esforzo da semana.


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

Imos traballar un pouquiño a memoria. Temos que pensar en todo o que fixemos nesta semana para logo escribir que 2 cousas  gustaronme máis e que 2 cousas  gustaronme menos. Tamén podemos debuxar .





LÓXICA - MATEMÁTICA / PLÁSTICA

A miña proposta lóxico- matemáticas para hoxe é un pouquiño máis divertida. Imos facer un xogo cos números. Tan só necesitamos: un caixa, rolos de papel ,un rotulador, pegamento e unha pelota, boliña, etc 
Fixadevos ben na dirección na que tedes que escribir os números.









RECORDADE QUE É IMPORTANTE REPASAR AS SUMAS E AS RESTAS E A LECTURA DALGUNHAS PALABRAS E PEQUENAS FRASES.

ALMORZO

Que ides almorzar hoxe?  Podemos elexir !!!

CONTO








BOA FINDE !!! NOS VEMOS O LUNS !!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario