ACTIVIDADES 13 - 5- 2020

13-5-2020

Ola familia!! Imos a por un novo día !


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: LECTOESCRITURA

Imos  repasa a conciencia silábica, que traballamos o mércores pasado . Recordade que para contar as sílabas damos unha palmada por cada sílaba que pronunciemos. As fichas non fai falta imprimilas sonorientacións para realizar a actividade

5 ANOS 

Debuxamos nun folio obxetos e debaixo separamos por sílabas, escibindo cada sílaba nun cadrado.




4 ANOS

Debuxamos obxetos nun folio e escribimos o seu lado o número de sílabas que ten. Ademais escribimos a sílaba pola que empeza.



MATEMÁTICAS:FIGURAS XEOMÉTRICAS

Esta vez imos debuxar , pero vai ser un debuxo moi especial . Para facelo tan so podemos utilizar formas xeométricas: círculos, cadrados,  triángulos , rectángulos, rombos e óvalos.
Unha vez debuxado podemos contar cantas figuras xeométricas hai de cada .





ALMORZO

Veña, temos que preparar o bocata !!





CONTO :POR EL CAMINO









Mañá tocará traballar as Letras Galegas: adicadas este ano a RICARDO CARVALHO CALERO



ATA MAÑÁ!!!




No hay comentarios:

Publicar un comentario