ACTIVIDADES 8-5-2020

8-5-2020

Ola! Xa estamos a venres. Imos a polo último esforzo da semana.


RUTINAS

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

TEMPO DE LER

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


TRABALLO GLOBALIZADO: 

Como xa fixemos outras veces imos a traballar todo a través do conto. O conto elexido para a ocasión é " OS 10 PATIÑOS DE GOMA"



Despois de escoitar o conto imos a traballar:

LECTOESCRITURA:

Debuxamos dez patiños e lle pomos un nome a cada un deles.
Qué outro título lle poríades o conto ?

MATEMÁTICAS

Contamos o revés. Empezamos polo 10 e acabamos polo 0.
Tamén podemos facer varios grupos de 10 elementos.

PLÁSTICA

Imos facer un barquiño de papel ! Sabedes facelo ? Deixovos un video moi sinxelo .

Decorade o barco como máis os guste !!




ALMORZO

Que ides almorzar hoxe?  Podemos elexir !!!


RELIXIÓN

A mestra Esther deixouvos unha mensaxe moi bonita e a tarefa para esta semana.

FELICIDADES

TAREFAS SEMANA 4 DE MAIO



ALTERNATIVA

Traballamos os sentimentos e falamos de como nos sentimos hoxe e que cousas nos fan sentir así.
Facemos un debuxo do noso estado de ánimo.



BOA FINDE !!! NOS VEMOS O LUNS !!!








No hay comentarios:

Publicar un comentario