ACTIVIDADES 11-5-2020

Ola familias! Que tal o fin de semana ? Recordade que hoxe as 12 temos videoconferencia.

Rutinas

- Favorecemos a autoestima: nos vestimos e almorzamos nos soíños. Recollemos a louza que empregamos.
- Verbalizamos todo o que imos facer o longo da mañá.
- Miramos o tempo atmosférico que fai, que día da semana  e que día do mes é.  Podemos escribilo nun papel ou ter unhas tarxetiñas cos nomes dos días da semana e cos  días do mes para que el@s elixan.
- Contamos cantos somos na casa.

Tempo de ler

Escollemos un conto e " lemos " sobre 10 minutos, como facemos tódolos días na aula. Lemos a nosa maneira, contamos a historia que vemos nas páxinas, inventamos unha historia nova, ...


Traballo globalizado: lectoescritura 

Sabedes cal é o nome dos dedos man? Si non o sabedes hoxe imos aprendelos e se xa os sabedes podedes repasalos. Neste video falonos sobre eles ademáis de insistir no importante que é lavar as mans
. Estade moi atentos para despois poder facer ben o noso traballo.






Despois de escoitar a canción propóñovos que debuxedes nun folio a silueta da vosa man e despois escribades a lado de cada dedo o seu nome.
Pode quedarnos moi bonito se repasamos a silueta con rotulador e poñemos cada nome dunha cor.


MATEMÁTICAS: SERIES

Intentare que cada día da semana traballemos un aspecto distintos de actividades lóxico matemáticas. E os luns os imos dedicar as series.
Para hoxe a miña proposta de traballo e facer un collar con pasta , insertando diferentes tipo de pasta seguindo unha serie . Se so temos un tipo de pasta que se poida insertar podemos colorealos para que sexan diferentes. Tamén o podemos facer con flores ou mesmo insertando anaquiños de folios de cores.





E máis sinxelo aínda debuxando nun papel.





PELO: Programa de estimulación a linguaxe oral 

Aquí están as propostas da profe Paula para hoxe.


PELO


Almorzo

O almorzo dos luns é galletas e cereais.


CONTO.

A proposta para hoxe é " A casa da mosca chosca"









XOGO LIBRE

ATA MAÑÁ.

No hay comentarios:

Publicar un comentario